Skip to main content

Biomolécula Índice Tipos de biomoléculas | Notas | Véxase tamén | Menú de navegaciónSociety for Biomolecular SciencesDepartamento de sistemas moleculares39865biomoleculessh85014249

Multi tool use
Multi tool use

BiomoléculasMoléculasBioquímicaCompostos orgánicos


orgánicaspequenas moléculasmacromoléculasproteínascarbohidratoslípidosácidos nucleicosmetabolitosaugametabolismovitaminasácidos graxos esenciaisaminoácidos esenciaisbioquímicabioloxía molecularelementos químicosoxíxenocarbonohidróxenonitróxenofósforoxofrecalcioclorosodioferrobiometaismetabolitosácidos orgánicoscetoácidosazucres fosfatadosvitaminasaminoácidosnucleótidosmonosacáridosdaltonscarbonocitoplasma












Biomolécula




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura




Representación tridimensional da proteína mioglobina, mostrando as súas hélices alfa representadas por fitas. Esta foi a primeira proteína da que se resolveu a súa estrutura por cristalografía de raios X en 1958.


As biomoléculas son as moléculas que forman parte natural dos seres vivos. As biomoléculas poden ser orgánicas ou inorgánicas, e en tamaño poden ser pequenas moléculas ou grandes macromoléculas. As biomoléculas orgánicas son as proteínas, carbohidratos, lípidos e ácidos nucleicos. As pequenas moléculas adoitan ser metabolitos primarios. Aínda que as moléculas orgánicas son as máis características dos seres vivos, estes tamén conteñen moitas moléculas inorgánicas en forma de auga, sales e gases; de feito, a auga é a biomolécula máis abondosa nos seres vivos. A maioría das biomoléculas sintetízanse endoxenamente nos seres vivos, pero algúns seres vivos toman do exterior biomoléculas que son necesarias despois para o funcionamento do seu metabolismo, coo as vitaminas, ácidos graxos esenciais, aminoácidos esenciais, minerais...


As biomoléculas e as súas reaccións son estudadas pola bioquímica e a bioloxía molecular.


As biomoléculas están formadas por un conxunto de elementos químicos, denominados bioelementos, entre os cales os máis abondosos son: oxíxeno, carbono, hidróxeno, nitróxeno, fósforo e xofre, que constitúen o 96-99% do corpo dos seres vivos. Moitos outros elementos, como o calcio, cloro, sodio, ferro e moitos outros biometais están presentes tamén en pequenas cantidades.[1]




Índice





  • 1 Tipos de biomoléculas


  • 2 Notas


  • 3 Véxase tamén

    • 3.1 Outros artigos


    • 3.2 Ligazóns externas





Tipos de biomoléculas |


Existen diversos tipos de biomoléculas:[2]


  • Inorgánicas:
    • Auga


    • Gases. Son fundamentalmente os gases respiratorios, obtidos polos seres vivos do aire ou auga ou producidos na respiración celular, como o oxíxeno, dióxido de carbono ou nitróxeno.


    • Sales minerais. Poden aparecer en forma de anións (cloruros, fosfatos, carbonatos...) ou de catións (sodio, potasio, calcio, magnesio...)



  • Orgánicas:

    • Lípidos: ácidos graxos, acilglicerois, glicolípidos, esterois, fosfolípidos...


    • Glícidos ou carbohidratos: monosacáridos, oligosacáridos e polisacáridos

    • Proteínas


    • Ácidos nucleicos.


Ademais, nos organismos vivos hai moitos pequenos metabolitos. Entre os pequenos metabolitos hai moitos ácidos orgánicos, cetoácidos, azucres fosfatados, vitaminas... Tamén os monómeros que forman as macromoléculas, como aminoácidos, nucleótidos, monosacáridos.


A distinción entre moléculas orgánicas pequenas e macromoléculas adoita facerse considerando que as pequenas teñen pesos moleculares entre 100 e 1000 daltons e ata uns 30 átomos de carbono, mentres que as macromoléculas son máis grandes. Moitas moléculas pequenas adoitan atoparse disoltas no citoplasma, onde constitúen os intermediarios a partir dos cales se forman as macromoléculas. Tamén son intermediarios nas reaccións de produción e almacenamento de enerxía.[1]



























BiomonómerosBio-oligo
BiopolímerosProceso de polimerización
Nome do enlace covalente entre os monómeros
AminoácidosOligopéptidos
Polipéptidos, proteínas
Policondensación
Enlace peptídico
MonosacáridosOligosacáridosPolisacáridosPolicondensación
Enlace glicosídico
IsoprenoTerpenosPoliterpenosPoliadición
NucleótidosOligonucleótidos
Polinucleótidos, ácidos nucleicos (ADN, ARN)

Enlace fosfodiéster


Notas |




  1. 1,01,1 Bruce Alberts et al. Biología molecular de la Célula. Omega. Páxina 46-47. ISBN 84-282-0752-6


  2. José M. Macarulla, Félix M. Goñi. Biomoléculas. Editorial Reverté, S.A. Páxina 1. ISBN 84-291-7328-5.



Véxase tamén |



Outros artigos |


  • Enxeñaría de biomoléculas

  • Metabolismo

  • Bioloxía molecular


Ligazóns externas |


  • Society for Biomolecular Sciences


  • Departamento de sistemas moleculares no Instituto Max Planck de Coloides e Interfaces




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Biomolécula&oldid=4324452"










Menú de navegación


























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.172","walltime":"0.251","ppvisitednodes":"value":203,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":2781,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":0,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":4,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":3,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":1327,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":4,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 189.791 1 -total"," 95.76% 181.750 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 4.18% 7.933 1 Modelo:Listaref"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.102","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":1950094,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1242","timestamp":"20190412132750","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Biomolu00e9cula","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Biomol%C3%A9cula","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q206229","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q206229","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2016-12-24T21:07:06Z","dateModified":"2017-05-10T23:01:10Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/6/60/Myoglobin.png"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":141,"wgHostname":"mw1238"););xTcHzljJv 5IbZ7y uinRN,xH Sm3 Fz,sOUXJBQE
s67fLZ ZKV9AE sWqYJwM oLY,Vcf,rIANSIu5XsvU0iE 32A 77p,5YcCj,ZyN,RqlF0 ko clWAxGj

Popular posts from this blog

Log på Navigationsmenu

Siegen Nawigatsjuun

Sider der linker til "Milk Inc." Navigationsmenu